Salud y bienestar

Profesionais e empresas do turismo de saúde participarán desde este xoves en Termatalia

Estarán presentes 25 países

Presentación da Feira Termatalia. / Pepe González

Ourense

Hoxe presentouse en rolda de prensa unha nova edición de Termatalia que se celebrará o xoves e venres en Ourense e na que participarán profesionais e empresas do turismo de saúde de 25 países.Ourense, 22 de setembro de 2024. Nela estuvo presente o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o vicerrector do Campus de Ourense, Javier Rodríguez Rajo, o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

A edición deste ano de Termatalia é a número 22 e celébrase os días 26 e 27 de setembro en Ourense con distintas actividades como unha feira con máis de 100 expositores, un congreso con 30 relatores e un workshop con 28 touroperadores, así como actividades abertas ao público.

É a edición máis profesional e convoca a destinos, empresas e profesionais do turismo de saúde de países como Alemaña, Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, España, EEUU, Hungría, Israel, Italia, Lituania, México, Panamá, Polonia, Portugal, Rumanía, Serbia, Suecia, Suiza, Tailandia, Taiwán e Uruguai, que foi a sede do ano pasado.

A formación especializada estará centrada no V Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, que abordará a auga termal desde distintas perspectivas: empresarial, médica, innovación, wellness, sostibilidade e, por primeira vez, analizaranse as vantaxes que a Intelixencia Artificial podería achegar ao termalismo.

Participarán 30 expertos procedentes de 12 países. Este Congreso celébrase de forma complementaria ao Congreso Internacional da Agua que promove o Campus Auga da Universidade de Vigo e que celebrará unha sesión previa o mércores 25 de septiembre en Expourense que servirá de antesala a Termatalia que comeza ao día seguinte.

Termatalia acollerá tamén a presentación de distintas opcións formativas regradas para cursar estudos en termalismo, tanto en Formación profesional como na Universidade. Ademais, os alumnos do CIFP A Farixa e do CIFP 12 de Outubro de Ourense estarán na feira para realizar distintas demostracións de masaxes e actividades físicas saudables, control postural, valoración da condición física e benestar. Para as distintas actividades da feira confirmaron a súa presenza máis de 500 estudantes de FP.

Servirá tamén de plataforma para a industria da auga mineral envasada con actividades como a Cata Internacional de Augas, que celebrará a súa 20 edición e na que participan augas minerais de España, Portugal e Costa Rica. Haberá tamén un bar de augas con catas expres. Para o público xeral, contarase con áreas de masaxes, haberá obradoiros de sonoterapia e de ioga wellness. Completarase con dúas exposicións permanentes vencelladas ao termalismo, entre outras.