Sociedad

Xinzo aposta por a I Feira do Mercado Social

"Nace co obxectivo de visibilizar e fomentar unha economía máis sostible"

Xinzo de Limia aposta por a I Feira do Mercado Social. / Cadena SER

Xinzo de Limia aposta por a I Feira do Mercado Social.

Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia organiza a primeira edición da Feira do Mercado Social, que terá lugar o próximo 27 de outubro na vila. Esta iniciativa conta co apoio da REDE Eusumo e a coordinación de REAS Galicia, nun esforzo conxunto por promover a Economía Social e Solidaria (ESS) na comarca.

A Feira do Mercado Social nace co obxectivo de visibilizar e fomentar unha economía máis sostible, xusta e que poña ás persoas no centro. A través desta feira, ofrecerase un espazo de encontro para todas aquelas entidades, proxectos e colectivos locais que traballen en favor dun modelo económico alternativo que priorice o benestar da comunidade e o coidado do territorio.

A feira está aberta á participación de iniciativas de Economía Social e Solidaria, colectivos culturais e persoas interesadas en explorar novos modelos de negocio responsables. Todas aquelas entidades que desexen visibilizar os seus produtos ou servizos poderán solicitar un posto na feira de maneira totalmente gratuíta, cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/MkvFeJoKps5YuXjw8

Ademais, no marco da feira, celebrarase un faladoiro baixo o título: “A cultura comunitaria como resistencia”, que brindará un espazo de diálogo e reflexión sobre o papel da cultura no desenvolvemento social e comunitario, así como a súa capacidade para construír proxectos colectivos. A idea é crear un espazo de encontro entre os axentes culturais locais para identificar oportunidades e sinerxías de cara ao futuro.

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, destaca a importancia desta iniciativa como un paso clave para apoiar o tecido económico e social da comarca: “Con esta feira queremos impulsar proxectos que teñan como prioridade o benestar da nosa comunidade. A Economía Social e Solidaria representa un modelo que aposta pola sustentabilidade, a equidade e o desenvolvemento local, e desde o Concello estamos comprometidos en ofrecer un espazo onde estas iniciativas poidan florecer.”

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00