Vídeo

HOY POR HOY Especial desde Barcelona por el Congreso Internacional de la Radio

SER Deportivos Ourense
Más deportes

Éxito no Rallysprint Val de Ramirás

Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i

Éxito do Rallysprint Val de Ramirás / FGA

Foi punto e final da primeira edición do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i cun total 89 equipos na liña de saída de Villavidal, centro neurálxico da proba ourensá.

Derradeira proba puntuable dun certame que xa é un éxito de participación e que nesta cita tivo 89 equipos inscritos .Desta forma, na tarde do venres 27 de setembro tivo lugar as verificacións opcionales, mentres que na mañá do 20 de setembro quedarán os resto de verificacións recoñecementos dos dous treitos cronometrados, antes de dar comezo a proba a partir das 14:00 horas. Os equipos inscritos realizaron dúas pasadas aos dous treitos cronometrados, co fin da proba marcado para as 20:30 horas.

Xogábanse o título absoluto, tres equipos, Antonio Fernández e Alberto González ( Mitsubishi Lancer Evo X), José Manuel Pazos e David Calvo ( Ford Fiesta R200) e Javier Martínez Carracedo e José Antonio Barrán (Renault 5 GT Turbo). Ademáis, houbo varias duplas con opcións de triunfo coma as formadas por Antonio López e Raquel Rodríguez (Peugeot 106) ou os vencedores do Rally Ourense Ribeira Sacra, Daniel Berdomás e Brais Mirón, que competiron no Vollkswagen N1.

A primeira plaza foi para Daniel Berdomás e Brais Mirón aos mandos dun Volkswagen N1. Pechaba esta tempada 2024, dándolle o título de campións Galegos a Antonio Fernández ¨ Ventura¨ e Alberto González, con un Mitsubishi Lancer Evo X R4.