Sociedad

O Museo do Viño de Galicia muda o seu horario

Será válido de outubro a maio

Novo horario do Museo do Viño de Galicia. / red

Ribadavia

O verán chegou á sua fin e, como en cada cambio de estación, o Museo do Viño de Galicia cambia tamén de horario para adaptarse aos usuarios e ás horas de luz (e de frío). Polo tanto, nesta tempada de outubro a maio o horario será de os xoves, de 10.00 a 14.30 horas, pola mañá, e venres, sábados e domingos, de 10.00 a 14.30 horas e, á tarde, de 16.00 a 19.30 horas.

As visitas guiadas serán: individuais, as 11.00 horas ou ás 17.30 e con crianzas: ás 12.00 horas ou ás 18.00.

Para resolver calqueira dúbida hai un número de teléfono: 988 783 075 ou ben un correo electrónico: información-museodovino-cultura@xunta.gal. Tamén se pode contactar a través das redes sociais.