Política

Félix Porto: “Iago Toba actúa como un mono de feira cunha escopeta cargada”

O exalcalde pide desculpas, como socialista, aos tres grupos da oposición pola actitude do actual rexedor, especialmente coas concelleiras

entrevista a Félix Porto (01/10/2024(

23:27

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1727793918104/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Muxía

Félix Porto, que foi alcalde de Muxía durante 12 anos, nega rotundamente a acusación de que estea detrás da moción de censura que pretende botar da alcaldía a Iago Toba. Asegura Porto, que en ningún momento intentou que o actual alcalde firmase algún documento ou dese ningunha obra a unha empresa en concreto, asegura que se trata “dunha auténtica falacia, unha barbaridade e unha mentira” e engade que “se quixera que alguén firmara ou facer determinadas cousas seguiría eu de alcalde e quen tomou a decisión de marcha fun eu”.

O ex rexedor cualificou a actitude de Iago Toba “como un mono de feira cunha escopeta cargada que empeza a disparar”.

Porto destaca como un dos seus grandes logros “deixar unha paz social na localidade”, algo que considera dinamitou Toba, ao igual que o remanente de máis de 3 millóns de Euros.

Como militante do PSOE dende hai décadas e cunha traxectoria de responsabilidade no partido e no concello, pediu desculpas pola actitude de Iago Toba nos Plenos, especialmente coas concelleiras da oposición cualificándoa de “Bochornosa, indefendible e impresentable” e deixou unha reflexión sobre o que sucedería socialmente se esa forma de actuar fose dun alcalde do PP. Tamén apunta á delegación do goberno, preguntándose se debería ter actuado de oficio.

Respecto á defensa que o PSOE está facendo de Toba dende que se presentou a moción, Félix Porto foi máis comedido asegurando que “a máxima do partido é defender sempre a capa e espada unha alcaldía, entra dentro do normal”.

Tamén falou Porto do construtor ao que fixo referencia Iago Toba, recordou que esta empresa continúa facendo obras para o actual goberno e que fixo campaña para o PSOE xunto a Iago.

O Félix Porto non contempla acudir aos tribunais polas acusacións de Iago Toba e prefire deixalo todo no ámbito político. Si o fará a voceira do PP Sandra Vilela polas acusacións do alcalde que asegurou que os populares de Muxía "están na moción polos euros".

Mentres o BNG comarcal acaba de abrir expediente á súa concelleira en Muxía por vulnerar o acordo do Consello Nacional do BNG adoptado na reunión do 3 de xuño de 2023, en relación cos criterios políticos para acordos no ámbito local. Pero cargan contra o PSOE por contribuir a chegar a esta situación ao non tomar ningunha medida contra Iago Toba sendo coñecedores da "actitude intolerable".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00