Sociedad

Volve a Lugo 'Con Voz de Muller'

O foro de reflexión feminista da Cadena SER volverá á capital lucense o próximo 15 de outubro

Lugo

A Deputación de Lugo e a Cadena SER organizan en Lugo o foro 'Con Voz de Muller', un espazo para a reflexión sobre o papel da muller na sociedade actual.

O próximo martes 15 de outubro o salón de actos do organismo provincial acollerá unha xornada para compartir e tomar conciencia sobre os retos que ainda quedan por acadar no ámbito feminino.

Coincidindo co Día da Muller Rural, o Pazo de San Marcos será o escenario dunha xornada onde artistas e emprendedoras debaterán sobre o pasado, o presente e os retos do futuro para as mulleres do campo.

O foro celebraráse o vindeiro martes 15 de outubro ás sete da tarde no salón de actos da Deputación de Lugo e xa podes descargar a túa invitación gratuíta no seguinte enlace.