VIII Trail Ribeira Sacra
Ribeira Sacra , un dos eventos deportivos máis relevantes de Nogueira de Ramuín
O domingo 13 de outubro desenvolverase a VIII edición do Trail Ribeira Sacra, un dos eventos deportivos máis relevantes do concello, que xunto co Rally Ourense R.S. e o Torneo Kick Boxing R.S., poñen cada ano a Nogueira de Ramuín a un alto nivel no escaparate deportivo da comunidade galega.
48 quilómetros que descorren por unhas espectaculares paisaxes salvando un desnivel acumulado de ata 3450+.
Desde o Concello, agradecen o gran traballo realizado dos voluntarios, patrocinadores que axudan moito a proba, colaboradores e tamén os participantes ante esta dura proba de gran dureza como fermosa, que sairá o domingo día 13 ás oito da mañá, da praza de Luíntra, por os montes de Nogueira de Ramuín a a contorna da Ribeira Sacra.
Este evento é unha experiencia única para os sentidos no cal se mezcla deporte, turismo sostible e a gastronomía da nosa terra.