Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad

O castelán convértese na lingua máis usada en Galicia

Nunca sucedera dende que hai rexistros, pero é que o futuro tampouco é moi alentador: un terzo dos rapaces de máis de cinco anos fala pouco o nada en galego

Henrique Monteagudo: "En 20 anos pode non haber falantes galegos menores de 15"

Henrique Monteagudo: "En 20 anos pode non haber falantes galegos menores de 15"

06:30

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1728667529277/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

O uso habitual do galego cada vez ten menos peso na nosa comunidade. Segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) a poboación que sempre fala máis castelán xa é maioritaria en Galicia, algo que nunca sucedera dende que hai rexistros. Os datos, preocupantes, van máis aló, porque os rapaces de máis de cinco anos que non saben falar na súa lingua supoñen un terzo da poboación.

Na nosa comunidade hai un 29,66% da poboación que fala en castelán de forma habitual, fronte a un 24,37% que opta polo galego. O último informe data do ano 2018, con datos que eran xusto os contrarios. Daquela o 30% dicía que falaba galego de forma habitual.

E o panorama non é moi bo de cara aos vindeiros estudos, porque case un terzo dos rapaces que teñen entre 5 e 14 anos sabe falar "pouco o nada" en galego. Hai 20 anos eran o 43%. A a caída é en termos porcentuais e tamén en absolutos, porque no 2003 había 87.000 mozos galego falantes e agora só 30.000.

Na casa, algo máis do 38 por cento dos que teñen fillos utilizan con eles sempre o galego, fronte o 35% que usa todo o tempo o castelán. A maiores están as familias que usan ambos, malia que son algo máis as que priorizan o castelán (13,75%) que o galego (10,5%).

O panorama muda ao saír da casa, porque case catro de cada dez fala en castelán cos mestres, e o 36% usa este idioma cos médicos. Cos amigos, o 28% usa o galego.

Dende a Real Academia Galega, o coordinador do Seminario de Sociolingüística, Henrique Monteagudo, lamentou que "por primeira vez na historia" o galego teña unha porcentaxe por debaixo do castelán. "Toca a cadaquén reflexionar sobre as súas responsabilidades nesta deriva cara á extinción da lingua do país". Sostén que "urxe mudar o rumbo" antes de que as consecuencias sexan irreversibles.

Nunha entrevista na Ventana de Galicia admitiu que non lle sorprendía, pero si que "provoca unha certa conmoción" a caída do uso do galego, situada en "cifras impensables". Alertou de que "en 20 anos pode non haber falantes galegos menores de 15".

A Xunta elude asumir responsabilidades

A perda de peso do galego foi un asunto polo que se lle preguntou a Román Rodríguez, conselleiro de Educación que durante moitos anos tivo baixo o paraugas da súa Consellería as cuestións relacionadas coa lingua.

Declarou que non tivera tempo para analizar os datos, pero remarcou que eran "un reflexo da sociedade".

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, indicou que a baixada na porcentaxe era debida a suba de poboación inmigrante en Galicia, algo que tamén declarou o voceiro do PPdeG no Parlamento, Alberto Pazos Couñago.

Duras críticas dos partidos da oposición

Unha vez coñecidos os datos deste informe, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, declarou que a supervivencia do galego "está en risco", e culpou ao Partido Popular polas "políticas de acoso e derrubo" do idioma. Neste senso, reclamou a eliminación do decreto do plurilingüismo aprobado no 2010, ao que se referiu como "decreto da vergoña".

Pola súa banda, dende o PSdeG alertan de que o galego está nunha "situación límite". Segundo os socialistas, os datos do IGE supoñen "unha emenda á totalidade" das políticas da Xunta, que definen como "galegofóbicas".

Iñigo Caínzos

Iñigo Caínzos

Redactor en Radio Galicia desde julio de 2021. Graduado en Administración y Dirección de Empresas y...

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00