Freixanes pide unha reflexión social conxunta sobre a caída do uso do galego e dá por "fracasado" o decreto do plurilingüismo
Agora mesmo o 32,44% de nenos de entre 5 e 14 anos sabe falar "pouco ou nada" en galego, segundo a RAG
Víctor Freixanes, presidente da RAG
09:15
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1728901992896/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
O Presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, pediu unha reflexión social conxunta a importante caída do uso do galego feitas públicas polo Instituto Galego de Estatística. Considera "fracasado" o decreto do plurilingüismo que implantou Feijóo coa súa chegada á Xunta. Un decreto que prohibe o uso da lingua propia de Galicia para impartir as ciencias mentres que prima a substitución das materias de galego por inglés nos chamados centros plurilingües. Agora mesmo o 32,44% de nenos de entre 5 e 14 anos sabe falar "pouco ou nada" en galego, segundo a RAG. Ademais "por primeira vez na historia" o galego ten unha porcentaxe de falantes habituais inferior ao castelán (un 46,23% fronte a un 53,77%).
En entrevista en Hoy por Hoy en las Rías Víctor Freixanes advertiu que hai nenos que saen de casa falando en galego e pérdeno na súa escolarización. Considera que na escola hai un problema, pero tamén hai que ter en conta a responsabilidade das familias na transmisión e outras iniciativas sociais como o cinema en galego, a recuperación de iniciativas como o Xabarín Club, ou a penetración da lingua propia de Galicia en redes sociais.
Espera que as forzas políticas con representación póñanse de acordo na reunión convocada o próximo 24 de outubro para analizar os datos. Segundo a academia "Á vista das cifras, nun par de décadas probablemente deixaría de haber galegofalantes menores de 15 anos, e a decadencia do galego volveríase irreversible".
No grupo de 15 a 29 anos, os galegofalantes, monolingües ou bilingües, representan un 28,18%, cando hai 20 anos representaban o 45,74%. En contraste, os monolingües en castelán supoñen o 53,67% no grupo de 5 a 14 anos, o que implica un incremento de case 20 puntos desde 2003.
Asevera, ademais, que "ninguén poderá acusar á Real Academia Galega de non advertir, de forma documentada, razoada e reiterada, da urxencia de cambiar o rumbo". "É tempo de facelo, agora ou, probablemente, nunca", advertiu.