Arrancan as obras na pista da Armada
Durante os vindeiros días estará restrinxida ao tráfico
Xinzo de Limia
Concello de Xinzo de Limia
Deron comezo as esperadas obras na pista da Armada que inclúen a rexeneración e ampliación do firme, a instalación dunha nova rede de sumidoiros e a pavimentación. Estas actuacións, cun investimento de 320.000 euros, están sendo posibles grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.
Dende o Concello pregan desculpen as molestias ocasionadas.