Esta é a derradeira semana para anotarse nunha oportunidade de intercambio internacional
Contámosche os detalles
Ribadavia
A OMIX informa dun intercambio internacional do 17 ao 22 de novembro en Ribadavia, onde irán 25 persoas de 5 países diferentes e na cual os gastos están cubertos polo programa Erasmus+, aloxándose en pensión completa no Hostal Garden Lodge de Ribadavia, e con excursión gratuita a Ourense e as Termas de Prexigueiro.
Unha boa oportunidade para aprender inglés e moitas outras habilidades relacionadas coa temática e as dinámicas interactivas baseadas na educación non formal coas que se desenvolverá o proxecto durante 6 días, nun ambiente intercultural e multicultural. Está deseñado para persoas de entre 18 e 30 anos e quedan poucas prazas.
Poden atopar toda a información e formulario de inscricións na seguinte ligazón: https://omixribadavia.wordpress.com/2024/09/11/4538/