SER Deportivos Ourense
Baloncesto

O Club Ourense Baloncesto vence e convence unha vez máis

O equipo de Moncho López trae de Menorca a cuarta vitoria consecutiva

O COB una vez máis vence e convence / COB

O Club Ourense Baloncesto vence na cancha do Menorca por 65 a 84, encontro correspondente á caurta xornada de liga da Primeira FEB.

Comezaba o partido e Menorca buscaba impoñer o ritmo lento característico para adormecer o partido mentres o COB tentaba xogar máis ráoido e romper así o plantexamento de Menorca. Pasaban os minutos e o COB ían collendo peso no partido, sobre todo dente a liña exterior, para abrir as primeiras distancias no marcador e irse 13 aarriba, cun 12-25 no marcador.

Nos egundo cuarto e a dinámica cambiaba completamente, apretaba máis en defensa o equipo local e as triplas que antes entraban, agora non a facían e tras un parcial de 16-2 o Menorca dáballe a volta ó partido . Un triple de Brito conseguía romper o parcial mais as sensacións non eran boas. Menorca seguía dominando o partido e o COB parecía medio noqueado, non conseguía desenvolver o seu xogo e o conxunto local marchábase no marcador ata 7 de diferenza cun parcial de 28-8, o que obligaba a Moncho López a pedir tempo morto. No descanso 42-33.

Saía no tercer cuarto o Club Ourense Baloncesto con outro ritmo neste cuarto e con dúas boas defensas culminadas cun triple de Sergio Rodríguez e un mate de Romaro Gill obligaba ao adestrador local parar o encontro. Tralo parón o partido continuaba cun COB totalmente distinto, tanto defensivamente como no acerto do tiro exterior. Comezaba un novo partido .

No último cuarto o conxunto ourensán non deixaba o Menorca reaccionar, controlando o ritmo do partido á perfección e seguía aumentando a vantaxe cun Diogo Brito que anotaba, asistía e desfrutaba do baloncesto para pór a cuarta victoria consecutiva no casilleiro cun marcador final de 65- 84.

O seguiente encontro será este martes ás 18.00 horas no Pazo Paco Paz ante Sant Feliu no encontro correspondente á Copa España.