Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Nove detidos nunha ampla operación contra o narcotráfico na Costa da Morte

A operación está dirixida dende o xulgado de Corcubión que decretou a causa segreda

Costa da Morte

Policía Nacional e Axencia Tributaria iniciaron esta unha ampla operación contra o narcotráfico en varios puntos da Costa da Morte e o Salnés.

Dende primeira hora axentes da UDYCO, unidade de droga e crime organizado, están efectuando rexistros simultáneos en Fisterra, Cee e Carballo na costa da Morte, tamén nunha vivenda da Illa de Arousa. Nos rexistros incautaron cantidades aínda por determinar de cocaína e haxis e detívose polo menos a nove persoas, entre os que hai algúns vellos coñecidos das forzas de seguridade con varios antecedentes. A operación, dirixida dende o xulgado de Corcubión que decretou a causa segreda, segue aberta e non se descartan máis detencións.

Varias fontes aseguran que nos últimos tempos está detectándose un incremento significativo o tráfico e consumo de estupefacientes na Costa da Morte..

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir