Política

Ana Pontón: “Hai que dicir basta xa á discriminación e reivindicar igualdade e xustiza para a Costa da Morte”

A portavoz nacional do BNG esixe á Xunta o remate da AG-55 e o rescate da peaxe da autoestrada Carballo – A Coruña

Entrevista a Ana Pontón, BNG (25/10/2024)

19:16

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1729875153613/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Costa da Morte

Ana Pontón pasou este venres por Radio Nordés horas antes da mobilización para esixir o remate da autovía da Costa da Morte.

Pontón fixo un chamamento a participar na Andaina pola Dignidade que convoca para este sábado o BNG da Cota da Morte, pediu á sociedade da zona que se mobilice por unha infraestrutura clave para a mobilidade e imprescindible para darlle maior competitividade ás empresas.

Pontón falou tamén dos recortes de profesorado acusando ao goberno de Rueda de priorizar o apoio á educación privada fronte á pública, tamén pediu mellor transporte colectivo para os estudantes e a veciñanza en xeral.

A líder do BNG amosou a súa preocupación ante a chegada da eólica mariña e dos problemas que poe xerar no sector da pesca artesanal, tan importante aquí, asegurou que a Xunta pon os intereses das eléctricas diante do sector pesqueiro.

Entre outros asuntos Pontón falou do proxecto da central reversible prevista par a Ruña á que o BNG presentou alegacións.

Con respecto á situación de Merce Barrientos, concelleira nacionalista de Muxía, a portavoz nacional recordou que o BNG non autorizou a moción de censura e que o expediente e expulsión segue os prazos establecidos, pero amosou comprensión coa compañeira muxiá ante as “actitudes que non son de recibo” do ex alcalde socialista Iago Toba, aínda que iso “non xustifica a moción e censura”.

Lo más

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00