Atopan a mochila da rapaza de Ordes desaparecida en Fisterra
A menor leva en paradoiro descoñecido dende o martes
Fisterra
Continúa a busca en Fisterra da rapaza de Ordes desaparecida dende o pasadao martes. Adriana, de 14 anos, subiu a un autobús en dirección a Fisterra e os últimos sinais do seu teléfono móbil sitúana no entorno do faro. Dende hai dous días o dispositivo xa non está conectado á rede e os traballos para dar coa desaparecida, intensifícanse.
Esta mañán un veciño de Fisterra, Guillermo Traba, atopou a mochila da menor cando paseaba pola praia de Mar de Fóra. No seu interior atopábase a documentación da menor, pero o achado non aportou máis pistas sobre o seu paradoiro. Ao longo desta semana un helicóptero da Garda Civil fixo uha busca no areal onde agora se ten atopado a mochila. Nas últimas horas intensíficase o operativo do instituto armado e de Protección Civil. Nesta mañán estabase na procura de Adriana utilizando drons en diversos cantís da costa fisterrá. A busca por agora non permitiu atopar ä rapaza.