SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Más deportes

Alfonso ´´ Pisko´´ Ventín vencedor do Rallymix de Barbadás

´´ Pisko´´ Ventín foi o mellor dentro da clasificación conxunta da proba

Alfonso ´´ Pisko´´ Ventín primeiro no Rallymix Barbadás

Alfonso ´´ Pisko´´ Ventín primeiro no Rallymix Barbadás / FGA

Alfonso ´´ Pisko´´ Ventín primeiro no Rallymix Barbadás

Al fonso ´´Pisko´´ Ventín (Yacarcross), na clase A, e Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda (Peugeot 208 T16 R5), na B, foron os vencedores do Rallymix de Barbadás, séptima e derradeira proba do Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

A proba ourensá, que contou con 70 equipos na liña de saída, estivo marcada pola chuvia e o complexo do percorrido marcado pola organización, no que ´´ Pisko´´ Ventín foi o mellor dentro da clasificación conxunta da proba.

Nesta cita, na que o público volveu a acudir de maneira abondosa, o segundo posto foi para o berciano Antonio Viloria (2º clase A), a apenas dez segundos do vencedor.

A terceira posición final foi para Abel Jurado (3º clase A), que foi un dos grandes protagonistas da fin de semana ao remontar dende o posto 32 ata chegar ao podio. O asturiano foi o mellor en dúas das cinco mangas cronometradas do fin de semana.

O segndo posto da clase B, a máis de medio minuto dos vencedores foi para Tino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5, mentres que o terceiro chanzo foi parar a mans de Iván e Adrián Vázquez no BMW, xa a máis de tres minutos dio primer posto da clase B nesta carreira

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00