Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Coruña homenaxea a Hematocrítico cunha exposición un ano despois do seu falecemento

A exposición ofrecerá un percorrido visual e emocional pola obra do autor

Matilde Rodríguez, comisaria de Hematocrítico ilustrado

Matilde Rodríguez, comisaria de Hematocrítico ilustrado

00:00:0009:27
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

O Concello da Coruña renderá homenaxe ao escritor, profesor e humorista Miguel López, máis coñecido como Hematocrítico, cunha exposición coincidindo co primeiro aniversario do seu falecemento.

Más información

O Concello da Coruña renderá homenaxe ao escritor, profesor e humorista Miguel López, máis coñecido como Hematocrítico, cunha exposición coincidindo co primeiro aniversario do seu falecemento.

A través dun comunicado emitido este mércores, o Concello informou de que a mostra, titulada “Hematocrítico ilustrado”, estará dispoñible na sala de exposicións de Palexco do 5 de novembro ao 6 de xaneiro de 2025.

A exposición ofrecerá un percorrido visual e emocional pola obra do autor a través de diversas ilustracións de grandes artistas que colaboraron con el ao longo da súa carreira. Entre os nomes destacados atópanse Alberto Vázquez, Mar Villar, Paco Roca, Eugenia Ábalos, Olga Capdevila, Albert Monteys, Martín Romero, Laura Árbol e Cyntia Hierro.

A mostra estará estruturada en varias seccións co obxectivo de explorar as diferentes facetas do traballo creativo do homenaxeado, desde “O Hematocrítico da arte” ata “Hematocrítico ilustrado”, un espazo dedicado ao público infantil. Tamén se habilitará unha zona de lectura onde as persoas visitantes poderán descubrir os contos de Miguel López.

O escritor e profesor coruñés faleceu de forma repentina o 27 de novembro de 2023, aos 47 anos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir