O Concello de Ribadavia amplía o horario do cemiterio municipal
Además adecenta os 6 parroquiais por mor de Todos os Santos
Ribadavia
Este ano, o Cemiterio Municipal de Ribadavia ampliará o seu horario de apertura durante toda esta semana, de 9:00h a 20:00h ininterrompidamente, para facilitar a visita dos veciños e veciñas que desexen rendir homenaxe aos seus seres queridos coincidindo coa celebración do Día de Todos os Santos.
Os demais cemiterios, San Cristovo, Sampaio, Prexigueiro, San Andrés, Esposende e Sanín, mantéñense accesibles durante todo o día, tal como é habitual.
Ademais, durante os últimos días, os servizos municipais realizaron labores de acondicionamento e limpeza en todos eles, tanto no municipal como nos parroquiais, co fin de garantir un adecuado estado para a recepción de visitantes.