Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Opinión

A miradiña de Jorn Lucas

Cada semana o periodista neerlandés Jorn Lucas da a súa opinión sobre temas de actualidade

La mirada de Jorn Lucas: O Galego

La mirada de Jorn Lucas: O Galego

01:37

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1730798836578/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

Non hai moito tempo, os medios locais informaron de que cada vez menos xente en Galicia fala galego. E, nunha conversa cunha xornalista de Quincemil, preguntoume que opinaba sobre iso.

Respondín que valoro moito un ensino obrigatorio e de alta calidade na lingua galega. E tamén creo que os medios locais deberían prestar máis e mellor atención ao galego. Pero tamén dixen que non entendo por que se imparten materias como bioloxía e historia en galego. Na miña opinión, é importante levar o nivel das clases en galego ao máis alto posible e conseguir que a lingua teña máis presenza na vida cotiá.

Porque a única maneira de aprender ben unha lingua é escoitala moito e falala. E atreverse a cometer erros.

Pero, na vida cotiá na Coruña, case nunca escoito o galego. Case nada nas rúas, case nada nas tendas, e case nada no mercado da Praza de Lugo. Tampouco o escoito moito na miña familia política.

Para un guiri que non fala galego, iso é algo cómodo, por suposto. Pero non se trata de min… E o camiño máis doado nunca lle trouxo nada bo a ninguén.

Entón, se nós, aquí na Coruña, tamén consideramos importante que a lingua galega non se perda, empecemos polo principio. Deixemos que se escoite – e fagamos como eu: Cometamos erros e chapuremos para adiante! A ver se aprendemos algún día!

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00