Volve o Culturgal a Pontevedra con ata 200 actividades
A feira das culturas galegas celebrarase os días 29, 30 de novembro e 1 de decembro
Culturgal, a feira das culturas galegas volve a Pontevedra con mais de 200 actividades do 29 ao 1 de decembro. Esta mañá o Pazo da Cultura acolleu a presentación da décimo sétima edición do Culturgal que este ano conta cun orzamento que roza os 300.000 euros. Celebrarase os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. 200 actividades coas últimas propostas culturais, encontros entre empresas e particulares e unha amplísima programación que o público poderá coñecer o venres pola noite, momento no que se colgará o programa completo na páxina web de Culturgal.
Hoy por Hoy Pontevedra (07/11/2024)
Entre os escritores teremos a Paula Carballeira e ou recente premiado coas Letras Españolas, Manuel Rivas, tal e como explicou Camilo Franco o director do Culturgal. Música, cinema, literatura, internet, cómic, videoxogos, audiovisuais… todo isto con 100 expositores e ata 500 artistas. Haberá ata 6 escenarios e espazos tamén para vos mais cativos. Estará presente Chévere teatro e entre os concertos destacamos a Banda Xangai do artista Xurxo Souto ou Caamaño e Ameixeiras. Todo isto grazas á colaboración do Concello de Pontevedra, Deputación e Xunta de Galicia.