Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Aprende sobre compostaxe e reciclaxe en Xinzo de Limia

Serán durante este mes de novembro

Islas de compostaje doméstico / Consorcio CREA

Islas de compostaje doméstico

Ourense

Xinzo de Limia acollerá dúas charlas informativas sobre compostaxe comunitario e economía circular, un proxecto da Deputación de Ourense; que se celebrarán os días 21 e 28 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Xinzo. Estas sesións están orientadas a sensibilizar e formar á veciñanza sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os residuos orgánicos a través de métodos sostibles, contribuíndo a unha economía circular que beneficie tanto ao medio ambiente como á comunidade.

Co obxectivo de coñecer o sentir da cidadanía sobre estas cuestións, leváronse a cabo, durante os últimos días, enquisas porta a porta nas vivendas de Xinzo. Estas enquisas permiten que a veciñanza exprese as súas opinións e inquedanzas, garantindo así unha participación activa no deseño e implementación de iniciativas que teñan un impacto directo nas súas vidas. O proceso de recollida de datos continuará de novo na última semana deste mes de novembro.

As persoas interesadas en participar nas charlas poden acudir directamente á Casa da Cultura os días 21 e 28 de novembro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir