Vermú con SER
Sociedad

A ruína que conta a historia de Pontevedra

O convento de San Domingos, na súa época de esplendor, foi o máis importante da capital

Vermú con SER - O convento de San Domingos: a ruína que conta a historia de Pontevedra (17/11/2024)

En Vermú con Ser falamos da historia dunha ruína que foi o convento máis importante de Pontevedra. O Museo de Pontevedra vén de editar unha nova publicación sobre as Ruínas de San Domingos, un dos principais monumentos da cidade de Pontevedra. A autora é Begoña Fernández Rodríguez, doutora en Historia da Arte e profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela.

Nas súas 400 páxinas, o libro fai un percorrido pola historia de San Domingos desde o século XII, primeiro pola súa época de esplendor como convento dominico, con diferentes etapas construtivas, e despois polo declive iniciado co seu abandono no XIX e o esforzo de boa parte da sociedade pontevedresa por evitar a súa desaparición definitiva, ata formar parte do Museo de Pontevedra e ser un espazo icónico da cidade.

O libro tamén se detén nos valores artísticos e na iconografía do edificio, así como na rica escultura funeraria que se atopa nel. Complétase cun prolixo anexo documental, ao que hai que engadir o destacado apartado gráfico: planos, debuxos, fotografías actuais e históricas, algunhas delas inéditas.

Falamos coa profesora Begoña Fernández tras a presentación do libro, pero como preludio, a nivel audiovisual vamos a recordar un traballo do personal do Museo de Pontevedra chamado a Porta Pechada na se facía unha visita guiada as Ruínas de San Domingos a cargo de José Luis Ageitos, do departamento de Educación.