O Club Ourense Baloncesto reforza o seu xogo interior
O ala-pívot internacional Angoleño Antonio Monteiro ficha por o COB
O Club Ourense Baloncesto e Antonio Monteiro chegan a un acordo para que o xogador angoleño se una ás filas cobistas para os próximos dous meses. Antonio Monteiro é un ala-pívote angoleño de 34 anos e 2,o4 metros de altura cunha ampla experiencia no baloncesto de primeiro nivel tarlo seu paso por equipos como Sporting, Porto e Benfica cos que conseguiu levantar varios títulos. A pasada tempada xogou en Islandia no Valur con que alzou o trofeo de liga. O xogador tamén é internacional absoluto con Angola.
Moncho López, que o adestradou na etapa do Porto, quixo falar sobre a fichaxe; ´´ Antonio é un xogador con moita experiencia competitiva, acostumado a competir por títulos. Destaca de Antonio a súa versatilidade, pode xogar nas dúas posicións interiores aínda que a súa posición é a de catro, xa que adestrei durante tres tempadas no Porto. Non é unha estrela, é un xogador cun rol de rotación, fai mellores aos seus compañeiros, equilibra ao plantel e día moita intesidade de adestramento. Vainos axudar moito xa que temos dous lesioandos nesas posicións e necesitábamos un xogador das súas características que nos vai axudar moitísimo.´´