Hora 14 A CoruñaHora 14 A Coruña
Ocio y cultura

A RAG dedica un simposio a Luisa Villalta

Pretende convidar á lectura e o estudo da obra e a figura da poeta, Día dás Letras Galegas 2024

A Coruña

O nome e a obra de Luisa Villalta volve á actualidade.A Real Academia Galega celebra desde hoxe e ata o xoves o Simposio "Luisa Villalta. Mil son eu tan só, tan soa". A partir das cinco da tarde na Fundación Barrié, a RAG abre novos camiños de achegamento á obra da poeta, docente e activista, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A coordinadora das xornadas é a académica Margarita Ledo, para quen o obxectivo é convidar á lectura e ao estudo da obra do lembrada poeta, falecida a unha idade temperá.

Ademais das charlas por parte de persoas expertas da obra de Villalta, familiares, amigos e lectores da súa obra, a programación inclúe unha actuación musical de Uxía e o espectáculo Indóciles. O presidente da Real Academia, Víctor Freixanes, inaugura o Simposio no que participarán Ana Romaní, Eva Veiga, Susana Villalta, Chus Pato, Estíbaliz Espinosa, María Jesús Nogueira, Xurxo Souto e Miguel Anxo Fernán Vello, entre outros. Tamén intervirán a anfitrioa do encontro Carmen Arias e por parte da Xunta estará o secretario xeral dá Lingua ,Valentín García. Todas as sesións comezarán ás cinco da tarde e poderanse seguir tamén en directo desde academia.gal

O Simposio Luísa Villalta, organizado pola Real Academia Galega, profunda na relación da súa literatura coa música e anima aos lectores para coñecer a obra da protagonista do Día dás Letras Galegas 2024.

O 'Simposio Luísa Villalta. Mil son eu tan só, tan soa' comezou este martes na Fundación Barrié da Coruña e continuará ata o xoves, 21 de novembro, con mesas redondas e charlas con novas lecturas da escritora coruñesa.

A literatura de Luísa Villalta é, en palabras da poeta Eva Veiga, "un desexo permanente de comunicar, un espazo de transformación non só de si mesma senón tamén da sociedade e do mundo".

A relación entre a música e a obra da homenaxeada, que era violinista profesional, púxose de manifesto nesta primeira xornada, na que Paulino Pereiro dixo que Villalta foi "unha poeta profunda, intensa, persoal e orixinal".

A académica Chus Pato lembrou que "desde o seu primeiro libro ao último", Villalta "tratou de atopar un poema que recobrase a unidade perdida entre música e palabra".

Esta primeira xornada contou cunha actuación musical de Uxía, que interpreta temas sobre textos da autora coruñesa.

O encontro, de entrada libre, continuará o mércores e o xoves con novas intervencións sobre Luísa Villalta.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00