Sociedad

A Carballa da Rocha, quinto monumento natural de Galicia cun plan de conservación

A Xunta prevé un investimento de 350.000 euros nos vindeiros dez anos

A conselleira, Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade na Carballa da Rocha

A conselleira, Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade na Carballa da Rocha

Rairiz de Veiga

A Carballa da Rocha, en Rairiz de Veiga, convértese no quinto monumento natural de Galicia en contar cun plan de xestión para garantir a súa preservación, que inclúe un programa de actuacións cun investimento de preto de 350.000 euros na vindeira década.

Segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou o xoves 28 a este espazo protexido xunto á alcaldesa, Asunción Morgade, o obxectivo deste instrumento de planificación é compatibilizar a protección da súa contorna co seu uso público así como identificar os valores a protexer, o seu estado de conservación actual e os posibles riscos que lle poidan afectar.

Esta plan recolle como unha das medidas a desenvolver a compra dos predios nos que medra a Carballa da Rocha. A previsión é adquirir no futuro máis de 6.200 metros cadrados co obxectivo de garantir a súa correcta conservación ao converterse en patrimonio público.

A maiores, a representante autonómica indicou que este plan de xestión establece o seguimento fitosanitario de todo o conxunto de árbores para conservar a súa saúde vexetal, un programa continuo de erradicación de especies alóxenas, a elaboración dun plan de acción da paisaxe para esta contorna e o desenvolvemento dun estudio sobre os posibles efectos do cambio climático sobre este espazo protexido.

Ademais, tamén comprende a creación de novo material divulgativo, a corrección de impactos paisaxísticos na contorna así como a posta en valor da romaría da Saínza, que é unha festa tradicional, declarada de interese turístico galego, moi vinculada a este monumento natural.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00