Diego Giráldez "Gañar o Blanco Amor coas Obras Póstumas é dobremente emocionante"
O escritor do Porriño explica que é unha novela que ten unha carga simbólica e emocional poderosa

María Díaz

Vigo
Convencido de que tanto a trama como as subtramas da súa nova novela "Obras Póstumas" lles van agradar ás lectoras e aos lectores, Diego Giráldez sabe que conta co apoio da crítica, e é que acaba de gañar o prestixioso premio Blanco Amor. "Gañar o Blanco Amor coas Obras Póstumas é dobremente emocionante", explica, porque "é unha novela que ten unha carga simbólica e emocional bastante poderosa". É froito de tres anos de traballo e leva o recoñecemento do xurado polo seu estilo "directo, rico e cargado de simbolismo" nunha obra na que aborda a historia dunha escritora que, ante o diagnóstico de demencia, reflexiona sobre a vida e sobre o seu traballo.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Diego Giráldez Premio Blanco Amor
A prosa elaborada de Giráldez, engadiu o xurado, crea unha "atmosfera arrepiante" sobre o tempo e a memoria e mostra a "dura realidade" sobre o tratamento da enfermidade psiquiátrica do pasado "sen caer en estereotipos".
O galardón, organizado pola Fundación Eduardo Blanco-Amor coa colaboración da Deputación de Ourense, está dotado con 15.000 euros e unha peza artística do escultor Acisclo Manzano. Destacou sobre 49 orixinais.

María Díaz
Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa...




