Entre Crebas, un ano de compromiso ambiental e reinserción social na praia das Lapas
Unha iniciativa desenvolvida pola entidade Mar de Fábula en colaboración co Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña
Proxecto Entre Crebas: Mar de fábula
19:45
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1734596233872/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
Vén de rematar o primeiro ano do proxecto Entre Crebas, unha iniciativa desenvolvida pola entidade Mar de Fábula en colaboración co Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña. Ao longo destes últimos meses, realizáronse diversas limpezas na praia das Lapas, coa participación de persoas usuarias do CIS. Recentemente, celebrouse o acto de clausura deste primeiro ano do proxecto, acompañado pola presentación dos seus resultados.
Unha colaboración frutífera
Xosé Manuel Barros, integrante de Mar de Fábula, explica que a idea do proxecto xurdiu despois dunha visita do CIS ás súa instalacións en Camelle. Durante esa primeira xornada, realizouse unha limpeza da praia local e unha clasificación dos residuos atopados, seguidos dunha charla interactiva e un obradoiro artístico empregando lixo mariño. A experiencia foi tan positiva que ámbalas dúas entidades decidiron dar continuidade ao proxecto, trasladando as actividades mensuais á praia das Lapas, na Coruña, por estar máis preto das instalacións do CIS.
Resultados destacables
Ao longo de 12 limpiezas realizadas nun ano, logrouse unha participación activa e crecente das persoas usuarias do CIS. Inicialmente, os grupos eran pequenos, pero co paso do tempo chegaron a xuntar ata 26 persoas nunha única xornada. Segundo Barros, ademais de contribuír á conservación do medio ambiente, as limpezas xeraron un impacto positivo tanto a nivel emocional como social entre os participantes.
A actividade seguiu o protocolo OSPAR, recollendo datos sobre os residuos. Entre os máis comúns atopáronse plásticos de polietileno e poliestireno, cabichas e anacos de vidro, revelando unha representación a pequena escala da contaminación global dos océanos.
Unha ferramenta para a reinserción
María José López, traballadora do CIS, destaca que este proxecto é unha ferramenta eficaz para o proceso de reinserción social. “A implicación no coidado do medio ambiente non só axuda a desenvolver hábitos saudables senón que permite que as persoas usuarias se sintan útiles e conectadas coa sociedade,” sinala. Ademais, engade que estas actividades son unha oportunidade para reparar erros do pasado a través de accións positivas.
Miguel López, usuario do CIS, considera a súa participación no proxecto como unha experiencia transformadora. “Axudoume a sentirme útil e a contribuír ao benestar da sociedade,” asegura. Tamén valora a oportunidade de adquirir conciencia ambiental e desenvolver unha nova perspectiva sobre o impacto das súa accións.
Máis aló dunha simple limpeza
O proxecto Entre Crebas vai máis aló da recollida de lixo. As actividades inclúen a reutilización creativa dos materiais recollidos e a reflexión sobre a problemática global da contaminación mariña. Ademais, destaca o simbolismo da localización: a praia das Lapas, situada aos pés da Torre de Hércules, onde cada xornada remata cun ritual emotivo que reforza o compromiso co coidado do mar.
Un chamamento á sociedade
Entre Crebas non só busca mellorar o medio ambiente, senón que lanza unha mensaxe clara á sociedade sobre a urxencia de cambiar os hábitos de consumo e de coidar a natureza. “As persoas usuarias do CIS son as que están a dar un toque de atención a unha sociedade que consume sen medida e contamina os océanos,” afirma Barros. O proxecto demostra que o coidado do medio ambiente é unha responsabilidade compartida e que todos podemos contribuir a crear un futuro máis sostible.
Co fin do primeiro ano, Mar de Fábula e o CIS xa están a planificar a expansión do proxecto, incorporando novas localizacións como a praia de San Amaro. Entre Crebas segue sendo un exemplo de cómo a colaboración entre entidades e a implicación cidadá poden marcar a diferenza na loita contra a contaminación mariña e na construción dun futuro máis inclusivo e sostible.