Ocio y cultura

Xinzo consulta á veciñanza sobre a fonte da praza Maior

As persoas empadroadas poden opinar sobre a posible instalación dunha réplica en pedra

Réplica decorativa provisional da fonte de Xinzo na praza Maior

Réplica decorativa provisional da fonte de Xinzo na praza Maior

O Concello de Xinzo de Limia colocou este mes de decebro, como parte da decoración deste Nadal 2024, unha réplica decorativa da antiga fonte da praza Maior. Segundo informou o goberno local, esta iniciativa tivo "boa acollida por parte da veciñanza", o que levou ao Concello a propoñer a reinstalación dunha nova fonte permanente, de pedra e completamente funcional.

Para levar a cabo esta decisión de maneira participativa, o Concello lanza unha consulta pública para que os veciños poidan expresar a súa opinión. Todas as persoas censadas en Xinzo poderán votar a través deste formulario de Google Docs https://forms.gle/SUSumWqUvK2BTR6QA, indicando o seu nome completo, DNI, correo electrónico e a súa opinión sobre a proposta.

O prazo para participar estará aberto ata o 5 de xaneiro de 2025, coincidindo co remate da programación de Nadal. Os resultados daranse a coñecer o día 6 de xaneiro.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar e opinar sobre esta iniciativa que busca recuperar un símbolo emblemático da vila, desaparecido nos anos 70.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00