Hoy por hoy en las RíasHoy por hoy en las Rías
Ocio y cultura

'Cantareira', Palabra do Ano 2024

Un termo que designa ás protagonistas do Día dás Letras Galegas 2025, que estará dedicado á poesía popular e ás mulleres que cantan

Cantareira, palabra do ano 2024. Falamos con Olga Kirk, directora de Donaire

Cantareira, palabra do ano 2024. Falamos con Olga Kirk, directora de Donaire

06:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1735291649104/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

Unha votación popular elixiu 'cantareira' como a Palabra do Ano nunha votación popular promovida pola RAG e a Fundación Barrié. Esta elección coincide coa decisión no mes de xuño de elixir a estas mulleres como as homenaxeadas o próximo no Día das Letras Galegas. Unha celebración que pon en valor o traballo de quen mantivo viva a través dos séculos o cancioneiro popular e o idioma galego.

O próximo 17 de maio personificarase este recoñecemento nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e tres das cinco Pandeireteiras de Mens (Malpica), de nome Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.

Esta elección supón, en palabras da academia, unha apelación aos cidadáns máis novos, que beben da herdanza do seu traballo de conservación a través das diferentes xeracións.

'Cantareira' logrou o 25 % dos votos rexistrados, deixando por detrás a 'Meu, miña', 'fala', 'aparvar(se)', 'dina' e 'emerxencia climática'.

Na primeira acepción do dicionario, a Palabra do Ano 2024 define á persoa que sabe cantar ou afeccionada a facelo e ten como sinónimos 'cantadeiro', 'cantador' e 'cantaruxeiro'.

Como adxectivo, 'cantareira' dise dunha persoa que "emite un son agradable e melodioso'.

Con todo, neste caso refírese á forma sustantivada, que se aplica á muller que canta cancións populares.

Foi o pasado mes de xullo cando se anunciou que o 17 de maio de 2025 estaría dedicado ao cancioneiro popular galego e ás mulleres que o mantiveron vivo, como as cantareiras de Cerceda (A Coruña) Adolfina e Rosa Casás Rama, a pandereteira de Muxía (A Coruña) Eva Castiñeira e as pandereteiras de Mens (Malpica, A Coruña), que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.

E agora, grazas á votación popular, 'cantareira' convértese tamén na Palabra do Ano 2024.

O concurso forma parte do Portal dás Palabras, un proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación do galego, con xogos e outros contidos.

Desde 2014, esta iniciativa convida os usuarios a participar na elección da Palabra do Ano.

Nas edicións anteriores foron elixidas 'cibercarracho' (2023), 'comadre' (2022), 'tanxugueiras' (2021), 'nós' (2020), 'sentidiño' (2019), 'deseucaliptización' (2018), 'afouteza' (2017), 'irmandade' (2016) –coincidindo co centenario das Irmandades da Fala–, 'refuxiado/a' (2015) e 'corrupción' (2014).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00