Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras : "Agradezo o recoñecemento, pero o que máis agradezo é que alguén abra ese libro"
Pasados máis de 25 anos dende a publicación de 'O lapis do carpinteiro', o escritor galego reflexiona sobre a súa obra e a deriva ultra a nivel mundial
Entrevista Manuel Rivas
17:11
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1736169864407/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
"É unha honra e unha responsabilidade". O escritor Manuel Rivas agradece así o recoñecemento que supuxo recibir o Premio Nacional das Letras. O autor define a súa obra como un continuo, pólas da mesma árbore, e destaca o papel dos e das lectoras: "agradezo o recoñecemento, pero o que máis agradezo é que alguén abra ese libro".
Este premio prácticamente coincidiu no tempo coa publicación do seu último libro,'Tras do ceo', no que o escritor reflexiona sobre a depredación social e natural.
Pasados máis de 25 anos dende a publicación de 'O lapis do carpinteiro', Rivas amosa a súa preocupación sobre a deriva ultra que estamos a vivir a nivel mundial. "É unha suma de negacionismos: o da memoria, o da violencia sobre as mulleres, o cambioclimático...", reflexiona o autor. En canto á situación política en España, o galego critica o "continuo espectáculo e guerra verbal" vixente e a apropiación da identidade nacional. Rivas asegura que no fondo "hai máis comunidade".