O Concello de Ribadavia comezará con novas actividades de formación
Competencias dixitais ou destreza bailando: propostas formativas e de ocio no inicio de ano
Ribadavia
O curso Dixigal de BiG Formación, en colaboración co Concello de Ribadavia, trátase dun programa gratuíto de formación en competencias dixitais. Esta iniciativa ofrece a oportunidade de mellorar as habilidades dixitais e obter unha titulación oficial.
Cada acción formativa ten unha duración de 12 días. O horario é de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, a modalidade é presencial. Ao finalizar o itinerario, o alumnado recibirá un dispositivo tecnolóxico como agasallo.
As persoas interesadas poden preinscribirse a través do formulario dispoñible en liña: Formulario de inscrición, ou contactar a través dos teléfonos 654 825 395 / 657 895 493 ou o correo sandra@bigformacion.com.
No referido as clases de baile con Juan Fernández é para aqueles que desexen mellorar a súa forma física ao tempo que pasan un bo rato con música e baile, o Concello de Ribadavia contará con clases impartidas polo recoñecido instructor federado Juan Fernández.
Darán comezo o 1 de febreiro e realizaranse os sábados no Polideportivo O Consello, con diferentes horarios segundo idades e modalidades. Para anotarse poden contactar co Concello de Ribadavia ou a través do número de WhatsApp 667 295 336.