Hoy por hoy en las RíasHoy por hoy en las Rías
Sociedad

"Orgullo Galego" fomentará o uso do galego nas redes sociais nunha iniciativa da Deputación da Coruña

A Real Academia Galega estrea na súa web un novo espazo con motivo do ano Castelao

Galego en redes sociais. Soledad Agra, deputada de lingua na Deputación da Coruña

Galego en redes sociais. Soledad Agra, deputada de lingua na Deputación da Coruña

10:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1736242918785/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

A Deputación da Coruña presentou unha nova iniciativa para fomentar o uso do galego entre os mozos. De man de "Orgullo Galego" desenvolveranse obradoiros en institutos da provincia da Coruña. A idea é, segundo o seu creador Borja Iglesias, demostrarlles que o idioma galego ten oco nas redes sociais e non supón ningún atranco para difundir contidos e as súas inquietudes. O programa, denominado "O galego e as redes sociais", centrarase inicialmente na Costa da Morte e comarca de Soneira para despois estendelo ao resto da provincia.

A Deputación sinala que é nestas zonas onde os mozos falan maioritariamente a lingua galega. Este tipo de actividades poden darlles ferramentas que reforcen o seu uso no ámbito dixital. Borja Iglesias afirmou na presentación da iniciativa a importancia de que vexan que o galego ten oco en podcast, Youtube, Facebook, X e resto de redes.

Serán 20 obradoiros noutros tantos institutos. O primeiro implantarase o vindeiro xoves en Mazaricos. "Orgullo galego" superou os 500.000 seguidores nas redes sociais, segundo Iglesias.

A responsable da área de Lingua do organismo provincial, Soledad Agra, e o creador deste medio dixital, Borja Iglesias, deron a coñecer os detalles deste proxecto. En concreto, realizarán 20 talleres en centros de ensino público de secundaria da Costa da Morte e Terras de Soneira, impartidos por Orgullo Galego, unha comunidade en redes que naceu en 2016 e que "na actualidade é a máis grande en lingua galega".

Para Agra pódese facer "un gran traballo para potenciar o galego nas redes sociais" e animou a crear contido en galego, así como a "mostrar todo que se está facendo agora mesmo, que é moito e dunha gran calidade".

Pola súa banda, Iglesias, sinalou que nas charlas relatan "a situación actual da lingua nas redes sociais, a súa evolución desde os anos 90 e as canles que hai en galego que falan de temas moi diversos" como deporte, ciencia, cultura ou tecnoloxía".

Mostran, ademais, que "a lingua galega non é un obstáculo para crear contido, xa que nos permite chegar a miles de persoas de todas as partes do mundo".

A Real Academia Galega estrea na súa web un novo espazo con motivo do ano Castelao

A Real Academia Galega estrea na súa web un novo espazo con motivo do ano Castelao. Anunciouno hoxe, día en que se cumpren 75 anos do falecemento do intelectual e político no exilio, en Buenos Aires. Este ano os actos que se organizan nesta data adquiren relevancia institucional. A Real Academia ofrece a posibilidade de consultar a través da súa web por este motivo os fondos que custodia relacionados coa vida e obra de Alfonso Rodríguez Castelao.

Pódense consultar a partir de hoxe na páxina web da RAG manuscritos, fotos, materiais bibliográficos e de hemeroteca relacionados con Castelao. Conta cunha sección "Pezas destacadas" coa bandeira do Consello de Galiza que se empregou nos seus exequias e imaxes da despedida multitudinarias que lle deron os exiliados en Buenos Aires hai 75 anos.

A institución lembra que mentres Castelao estivo no exilio a RAG non declarou vacante a súa cadeira de brazos en recoñecemento do seu legado e significado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00