Política

O PSOE de Muxía denuncia a perda de 150.000 euros en inversións

Tres meses despois da moción de censura "perdéronse varias subvencións" ademáis de non acometer obras aprobadas polo anterior goberno. Sinalan diferenzas dentro do equipo goberno actual

Os socialistas distribuiron esta imaxe do que consideran é o "tripartito" que goberna a vila

Os socialistas distribuiron esta imaxe do que consideran é o "tripartito" que goberna a vila

Muxía

Os socialistas de Muxía calculan nuns 150.000 euros a cantidade que leva perdida o novo goberno local entre subvencións perdida e obras non executadas, o que consideran é "unha mostra da incapacidade para xestionar proxectos importantes con fondos propios ou con fondos doutras administracións que financiaban o 100% do gasto".

O PSOE muxián cita como exemplos a nova estrada de Senande, para a que o concello contaba co 100% da financiación concedida pola Xunta de Galicia, ou a construción do camiño rústico á Fonte de Ozón, cun orzamento de 80.000 euros. "O goberno de Iago Toba deixara todo listo, incluso licitadas as obras e foron incapaces de sacalas adiante porque estaban en plena negociación do reparto de despachos e soldos" denuncian. Tamén destacan outras actuacións que consideran perdidas como a sinalización horizontal do núcleo muxián, o arranxo da cuberta da biblioteca, ou o plan "Xuventude con Talento" financiado pola Xunta, ademáis dun obradoiro xuvenil.

Segundo os socialistas, a explciación desta situación está "nas guerras internas entre os diferentes alcaldes que existen neste executivo". Consideran que o alcalde Javier Sar está "ausente e carente de equipo" e a tenente alcalde, Sandra Vilela "tenta pisar ao seu socio de goberno para conseguir o que non conseguiu nas urnas". Así mesmo, tamén dirixen as súas críticas ao que califican como "partido comodín dun goberno de dereitas, plegado aos intereses particulares e coa cabeza gacha pola traizón aos seus ideais, ao seu electorado e á veciñanza en xeral"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00