Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

VÍDEO Sigue en directo 'El Larguero' con Manu Carreño

Licitadas as obras de restauración do Santuario Virxe Peregrina de Pontevedra

As actuacións contarán cun prazo de execución previsto de seis meses para, segundo adiantou, substituír a cuberta de chumbo por unha de zinc, realizar impermeabilizacións, reparar canlóns, protexer as gárgolas e cambiar a pasarela de madeira de acceso á cuberta por unha metálica

A Xunta de Galicia acaba de licitar por máis de 300.000€ as obras de restauración do santuario da Virxe Peregrina en Pontevedra para resolver as patoloxías causadas polas humidades que afectan principalmente á cuberta e ás fachadas. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita a este Ben de Interese Cultural

O responsable de Cultura do Goberno galego precisou que as actuacións contarán cun prazo de execución previsto de seis meses para, segundo adiantou, substituír a cuberta de chumbo por unha de zinc, realizar impermeabilizacións, reparar canlóns, protexer as gárgolas e cambiar a pasarela de madeira de acceso á cuberta por unha metálica. Ademais, tamén avanzou que a intervencións incluirán, entre outras, a restauración dos elementos escultóricos, como son a balaustrada, os pináculos, as cornixas e tamén as imaxes da Virxe da Peregrina, Santiago, san Roque e a da Alegoría da Fe.

López Campos salientou a importancia destas obras para manter nun estado de conservación “óptimo e axeitado” un “ben sobranceiro, simbólico e querido pola veciñanza de Pontevedra”. Nesta liña, enxalzou a relevancia “cultural e turística” deste inmoble, xa que asegurou que se ten convertido nunha “visita imperdible por parte de toda aquela persoa que quere coñecer a cidade e a provincia”.

O conselleiro lembrou que este investimento forma parte dos preto de 2,5 M€ dos Orzamentos da Xunta deste ano para actuacións de restauración en “tres significativos bens patrimoniais” da cidade de Pontevedra, como son o convento de Santa Clara, a basílica de Santa María a Maior e o nomeado santuario da Peregrina. Consecuentemente, enmarcou estas actuacións na estratexia do Goberno galego para “reforzar o coidado e preservación nas mellores condicións da gran riqueza patrimonial desta cidade e de toda Galicia”.

Precisamente, encadrou estas restauracións dentro do compromiso da Xunta de “conservación, mantemento e posta en valor dos nosos bens patrimoniais para que sigan contando a nosa historia ás novas xeracións”. Neste senso, lembrou as 130 intervencións arquitectónicas sobre 81 bens realizadas o pasado ano cunha contía de case 13 millóns de euros e avanzou que nos Orzamentos de 2025 se reservan 22 M€ para área de Patrimonio.

Nesta liña, enxalzou que o Goberno galego mantén unha “política decidida” a favor da salvagarda “dun dos recursos con maior valor histórico, cultural, e turístico de Galicia” a través plans estratéxicos como o Plan Catedrais, o Plan de actuacións arqueolóxicas, o Plan de BIC do Camiño de Santiago ou o Plan Ribeira Sacra, así como diversos plans directores para bens concretos. Así considerou que o demostran os máis de 55 M€ dedicados a este fin no último lustro pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Ramón Mella

Ramón Mella

(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir