Sociedad

Xinzo estrea un mural de 500 metros cadrados para celebrar o Entroido

Faino a uns días do inicio da festa, esta fin de semana

Mural de Xinzo. / Cadena SER

Xinzo de Limia

Unha pantalla de grandes dimensións toma vida na rúa Dos de Maio, xunto ao MUGAE. Esta obra, baseada nunha fotografía de Noelia Caseiro está a ser pintada por Néstor Reinaldo e Pablo Loyola e converterase nun novo punto de referencia para veciñas, veciños e visitantes.

Unha imaxe única que reflicte a esencia dun Entroido recoñecido internacionalmente e que invita a fotografarse con ela. Estará rematada xusto antes do inicio da festa esta fin de semana.

Esta obra esta financiada pola Xunta de Galicia e promovida pola Concellería de Cultura , cun orzamento de 14.852,89 euros, ive non incluído.