Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de Xinzo convoca o concurso de fotografía “Un Sentimento” no Entroido 2025

Busca captar a esencia desta Festa

Cartaz do concurso de fotografía do entroido. / Cadena SER

Cartaz do concurso de fotografía do entroido.

Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia organiza o concurso de fotografía “Un Sentimento”, unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca captar a esencia do Entroido a través da mirada dos participantes. O certame está aberto a todas as persoas interesadas e desenvolverase durante o ciclo do Entroido 2025.

O período para a presentación das fotografías abrangue ata o 12 de marzo de 2025. A participación é gratuíta. Cada persoa poderá presentar ata tres imaxes, aínda que só unha delas poderá ser seleccionada.

As fotografías deberán ser tomadas en Xinzo de Limia durante o Entroido e enviadas ao enderezo culturadexinzo@gmail.com, acompañadas do formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Concello.

Premios

O xurado, composto por especialistas en fotografía e arte, seleccionará as mellores imaxes, que recibirán os seguintes premios:

• Primeiro premio: vale de 300 euros máis 10€ de desconto en comercio e hostalería local.

• Segundo e terceiro premio: vales de 100 euros máis 10€ de desconto.

• Tres premios especiais de 100 euros, doados por Xornal Dende a Limia, A Pantalla e o Xornal Diario do Limia.

• Ademais, as seis imaxes premiadas recibirán un lote de produtos de Aceites Abril e unha impresión en gran formato cortesía de Carlin Xinzo.

As fotografías seleccionadas publicaranse na páxina web do Concello. Para máis información, poden consultarse as bases completas na web municipal.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir