Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O CEIP Curros Enríquez de Celanova celebra o seu 50 aniversario con Radio Ourense

O programa coincidiu coa celebración do Día Mundial da Radio

SER na escola CEIP Curros Enríquez de Celanova

SER na escola CEIP Curros Enríquez de Celanova

00:00:0001:05:44
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Radio Ourense-Cadena Ser levou a radio ao CEIP Curros Enríquez de Celanova nunha nova edición do programa SER na escola. Preto de cen nenos deste centro educativo viviron este xoves 13 de febreiro a emisión en directo do programa Hoy por Hoy Ourense, dirixido e presentado por Pepe González, coincidindo ademais coa celebración do Día Mundial da Radio.

Nesta ocasión, o programa xirou ao redor do aniversario do colexio de infantil e primaria de Celanova, que neste 2025 cumpre 50 anos de existencia. Os protagonistas desta edición foron os membros da comunidade educativa en xeral, dende o actual alumnado e profesorado ata antigos alumnos e mestres, pasando polo persoal que traballa no centro ou que colabora coa Eco-Aula do CEIP.

Pasaron tamén polos micrófonos de SER na escola o alcalde de Celanova, Antonio Puga, a xefa do servizo de prevención de incendios forestais da Xunta en Ourense e técnica forestal, Sandra Martínez, ou o músico e cantante Daniel Soldevilla, que interpretou varios temas en directo. Tamén un grupo de alumnos da Escola da Banda de Música de Celanova, guiados polo seu director, Miguel Pérez Lorenzo, ofreceron aos oíntes varias pezas musicais.

SER na escola é un programa educativo desenvolvido por Radio Ourense-Caden SER coa colaboración da Xunta de Galicia para trasladar o mundo da radio aos colexios do rural, percorrendo os municipios e dándolle voz á cativada.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir