Chega o Easter Camp, o campamento de conciliación de Semana Santa en inglés
Desenvolverase no pavillón de deportes de Xinzo os días 14, 15 e 16 de abril
Cartel do Easter Camp de Semana Santa os días 14, 15 e 16 de abril en Xinzo
O Concello de Xinzo de Limia pon en marcha o “Easter Camp”, un campamento gratuíto dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos que ten como obxectivo facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares e ofrecer unha alternativa educativa e de entretemento para a infancia.
As actividades desenvolveranse os días 14, 15 e 16 de abril no Pavillón de Deportes, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ao igual que no pasado “Christmas Camp”, esta nova edición combinará o xogo e a creatividade coa aprendizaxe do inglés.
O campamento contará con 20 prazas, que se asignarán dando prioridade ás familias que máis o necesiten, conforme a criterios establecidos polos Servizos Sociais.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 28 de marzo chamando ao teléfono 988 680 165.
Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller.