A Vivir Galicia
Sociedad

Alerta entre pais e expertos: "Os nenos entran no colexio falando galego e volven falando castelán. Estámolo a perder"

A Real Academia Galega está elaborando un mapa sociolingüístico en Santiago, logo de facelo en Ames. Henrique Monteagudo sinala que con avance dos niveis educativos decae o uso da lingua propia

Alerta entre pais e expertos: "Os nenos entran no colexio falando galego e volven falando castelán"

Santiago de Compostela

Hai preocupación na sociedade galega pola situación que atravesa o idioma propio. Máis alá dos informes, como o do Instituto Galego de Estatística, que sinalaba que a nosa lingua xa non é a máis falada na comunidade, ou o encargado pola Xunta, máis centrado nas competencias, pais e expertos coinciden nunha diagnose: os nenos galegofalantes perden o costume de empregar a súa lingua cando comezan a socializar na escola.

No A Vivir Galicia saímos á rúa para falar con pais, e contamos con Isabel Calvete (presidenta de ANPAs Galegas) e do profesor Henrique Monteagudo (Real Academia Galega) para analizar o contexto que vive o galego.

Iñigo Caínzos

Redactor en Radio Galicia desde abril de 2019....