A libraría Bahía, de Foz, busca relevo para un proxecto que é moito máis ca un negocio
A punto de cumplir 63 anos de historia, logrou converterse nun referente cultural e social para toda a comarca

A librería Bahía, de Foz, busca relevo para un proxecto que é moito máis ca un negocio
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Cielo Fernández vén de participar nas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega para conversar sobre as librarías como lugar de encontro de cultura. Nelas recoñeceuse o local que rexenta dende hai 23 anos como un modelo de referencia na dinamización da vida social e cultural da localidade na que se atopa, Foz. "Sempre que hai un intercambio deste estilo é moi enriquecedor, e saes con ideas novas e coa seguridade de que somos moitas remando cara o mesmo lado", asegura.
Hai máis de dúas décadas que colleu o relevo de seus pais á fronte da libraría Bahía, que cumprirá 63 anos pronto, e que se converteu nun lugar de referencia para o tecido cultural da localidade e doutras veciñas. Entre as características que a propia Cielo Fernández destaca está o desenvolver actividades de todo tipo nunha vila mariñana, fóra dos grandes núcleos de poboación que normalmente concentran as citas culturais.
Organizan dende as típicas presentacións de libros ata coloquios, actividades infatís e teñen un clube de lectura. E aínda máis, porque as portas da libraría Bahía están abertas "a calquera persoa ou asociación que teña unha idea e queira desenvolvela". Saben que alí van atopar "un espazo, persoas que os escoitan e que os poñen en contacto con outras, que propoñen e que acollen".
Este é o espírito que logrou converter un negocio familiar en moito máis ca unha actividade económica, e que vén dende o mesmo momento no que se inaugurou. "Meu pai era un home con moitas inquietudes culturais, moi preocupado polo idioma, e que promoveu moitas cousas, para el a librería sempre foi isto", apunta.
Búscase relevo
Agora, Cielo Fernández busca alguén que queira recoller o proxecto e facelo seu, mantendo a esencia da libraría, en vistas dunha próxima xubilación. Recoñece que lle dá certa mágoa despedirse dun lugar ao que no que "agardaba con ansia cada semana que chegaran os tebeos de 'El capitán Trueno' ou 'El Jabato', e ao que se vinculan moitos dos seus recordos. Tamén, máis adiante, a unión que sentiu con seu pai ao ver que o espazo ía abrindo novos camiños e medraba.
É optimista, e está segura de que haberá alguén que saiba continuar "á súa maneira, dándolle o seu toque persoal". "É soltar algo que formou parte de min dende pequena, pero eu son unha persoa moi positiva e quedo coa alegría de ter collido este proxecto e terlle dado outros 23 anos de vida que eu creo que foron bos", reflexiona, "porque ninguén somos eternos, e hai que ir pasando as etapas da vida".




