Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Sanidade adiantará o traslado provisional de servizos do Materno Infantil

Esta mañá tuvo lugar unha concentración para pedir medidas

Teito desplomado no edificio de Materno Infantil.

Teito desplomado no edificio de Materno Infantil.

Ourense.

Isto ocorre despois de que o sábado caese unha parte do falso teito do Hospital Materno Infantil de Ourense na terceira planta do edificio, un derrubamento que non causou danos persoais senón materiais. Tamén a finais de 2023 caeu parte do teito da sala de partos, no primeiro andar do edificio.

A xerencia da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras está a ultimar, según informan vía comunicado que recollemos nesta información, un plan para adiantar o traslado provisional da zona de hospitalización infantil e obstétrica e os paritorios do Materno Infantil para facilitar a revisión completa dos falsos teitos. Todos os servizos do Materno Infantil reubicaranse no edificio hospitalización que está en execución, unha vez finalizado.

Os traballos suporán unha intervención na planta cero de consultas do Materno, o traslado da Unidade de Coidados Paliativos ao edificio do Piñor e a reubicación da área de Dirección, situada na quinta planta do Edificio Cirúrxico, en módulos prefabricados. No espazo ocupado actualmente pola Dirección emprazaranse os dormitorios de persoal médico de garda. Os andares esquerdo do Cristal acollerán a hospitalización infantil e obstétrica.

Así mesmo, a zona dos quirófanos de cirurxía maior ambulatoria da primeira planta do edificio cirúrxico acollerán os paritorios. Un dos novos módulos de UCI converterase na UCI pedíatrica e neonatal.

Para manter e garantir a actividade asistencial de cirurxía maior ambulatoria durante estes traslados provisionais, ata dispoñer da ampliación prevista co novo edificio de hospitalización, instalaranse dúas unidades móbiles das que dispón o Servizo Galego de Saúde equipadas como quirófano. Uníndose entre si, ambas as unidades conforman un espazo de 100 metros cadrados, para funcionar como unha unidade de cirurxía maior ambulatoria. Para iso, contan cun completo quirófano equipado con toda a instrumentación necesaria, con circuítos de aire, gases e control de temperatura adecuados. Tamén dispoñen dun espazo de acondicionamento pre operatorio e con área de recuperación post-cirúrxica, polo que servirán para reforzar esta actividade ambulatoria.

A programación prevista foi comunicada onte por parte da Dirección aos representantes dos traballadores e responsables dos distintos servizos.

Con todo esta mañá a asociación de apoio a lactancia e as familias "Arrolos da teta" convocaba unha concentración diante do CHUO para esixir o peche do edificio e medidas urxentes. Asemade a Comisión de Centro e outros colectivos piden medidas urxentes.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir