Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Casa de Rosalía chega a Ribadavia cunha exposición ao aire libre

Percorre os seus 50 anos de historia

Inauguración da exposición de Rosalía de Castro nesta mañá de mércores.

Inauguración da exposición de Rosalía de Castro nesta mañá de mércores.

Ribadavia.

Esta mañá inaugurouse en Ribadavia a mostra "Cincuenta anos da Casa de Rosalía. Exposición a Ceo Aberto", froito da colaboración da Deputación de Ourense. A exposición xa percorreu máis de vinte localidades galegas e tamén Braga (Portugal), pero Ribadavia será a primeira localidade da provincia de Ourense en recibila e onde a mostra estará ata finais de Semana Santa, na Praza Buxán.

O acto contou coa presenza do alcalde de Ribadavia, César Fernández; da concelleira de Cultura, Yolanda Gómez; a concelleira de Servizos, Mari Luz Expósito; a concelleira de Xuventude, Regina Bahamonde, e a concelleira do BNG, Maite Rodríguez. Ata Ribadavia tamén se desprazou o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. A exposición percorre a historia da Casa-Museo de Rosalía desde a súa apertura en 1971 e reivindica o seu papel na memoria cultural galega.

A chegada da mostra reforza o vencello de Rosalía coa comarca do Ribeiro, onde recentemente se presentou o libro Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro, de José Luís Chao Rey.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir