Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Cultura con raíces: Donaire celebra 25 anos como berce de talentos da música galega

Un cuarto de século promovendo a música e o baile tradicional en A Coruña

Olga Kirk, directora artística de Donaire

Olga Kirk, directora artística de Donaire

00:00:0009:00
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A Asociación Cultural Donaire está de aniversario. Cúmprense 25 anos dende a súa fundación e este fin de semana celébrano por todo o alto cunha gran festa no Ágora da Coruña. A cita contará con máis de 300 participantes de todas as idades e será un reflexo do traballo constante de promoción, difusión e recuperación da cultura tradicional galega que caracterizou á entidade durante este cuarto de século.

"Donaire é unha segunda familia"

Olga Kirk, directora artística de Donaire, destaca que o máis valioso da asociación é "a convivencia que temos con todas esas persoas que a conforman, que son moitas. Créase un vínculo moi próximo, moi familiar. É como unha segunda familia". Esa sensación compártena tamén moitos dos que pasaron polas aulas e escenarios de Donaire ao longo destes 25 anos, desde a cidade da Coruña ata diferentes puntos de Galicia.

1.300 persoas participan hoxe nas súas actividades

O que comezou cun pequeno grupo de arredor de 40 familias medrou ata converterse nunha auténtica referencia da transmisión do patrimonio inmaterial galego. Actualmente, máis de 1.300 persoas participan nas actividades de Donaire. Un crecemento que reflicte o interese da cidadanía pola cultura tradicional e o labor de fondo realizado pola asociación.

Investigación, transmisión e recuperación

"Todo o que facemos está vencellado á música e ao baile tradicional galego", explica Olga Kirk. Xunto a Pablo Díaz, foron dos primeiros mestres da escola e levaron a cabo un intenso traballo de investigación e recollida en campo. Grazas a ese labor, hoxe ensínanse nas aulas melodías e danzas aprendidas directamente das fontes orixinais, mantendo viva a herdanza cultural galega.

Un espectáculo por partida dobre no Ágora

O evento da celebración será este sábado, con dúas funcións no Centro Ágora: unha ás 12:00 horas e outra ás 17:30 horas. Xa están esgotadas as entradas da sesión matinal. Participarán grupos de todas as idades, desde cativos de 3 anos ata adultos que superan os 60. "É un día grande para nós", apunta Olga, que agradece tamén o traballo do equipo organizador, composto por seis profesores e a Xunta Directiva, así como a colaboración de voluntarios e persoas asociadas.

25 anos de actividade... e moito por diante

A festa deste sábado é o colofón a outras accións organizadas no marco do 25 aniversario, como a mostra de traxes tradicionais galegos Contoche un traxe, proxecto liderado por Montse Rivera, exintegrante de Leilía. "Foi unha experiencia preciosa", conta Olga, quen anuncia que, a partir de agora, Donaire terá un acto mensual para seguir festexando.

Donaire, canteira de artistas e proxectos culturais

Donaire non só forma persoas, senón que tamén espalla cultura e fai nacer proxectos. Moitos músicos e agrupacións naceron nas súas aulas, como pandereteiras, membros do grupo Aliboria ou das novas formacións Xiro e Unto bello. "Estamos fachendosísimas do que estamos conseguindo", afirma Olga.

Como formar parte de Donaire

Unirse á Asociación Cultural Donaire é doado. "Só hai que ter ganas de aprender, bailar, socializar e pasalo ben", sinala a directora artística. A información está dispoñible nas súas redes sociais ou buscándoa en Google. Co enderezo electrónico ou o teléfono da asociación, o proceso de inscrición é moi sinxelo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir