A Escola Infantil A Casiña seguirá aberta
A Fundación San Rosendo faise cargo da xestión deste centro

Imaxe de A Casiña. / Cadena SER

Ourense.
Os pais e nais desta gardería recibían esta mesma maña de luns un comunicado : "Con alegría os comunicamos que Cáritas Diocesana de Ourense y la Fundación San Rosendo han llegado a un acuerdo para mantener abierta la Escuela Infantil A Casiña". Explican que en breve informarán sobre o proceso de matrícula de cara ao vindeiro curso 2025-2026.
Recordamos que as familias lanzaron no seu momento unha petición na plataforma charge.org coa que recolleron máis de mil sinaturas e incluso mobilizáronse para evitar o seu peche unha vez Cáritas, "por imposibilidad de recursos", argumentaba, tomaba esta decisión.
Agora é a Fundación San Rosendo a que toma as riendas da escola, a única destas características no barrio das Lagoas. De feito foi esta entidade a que a xestionaba ata o ano 2008.