Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta e a nova dirección da MIT reúnense para traballar xuntos

A Mostra celébrase do o 18 ao 26 de xullo

Reunión de membros da Xunta e da organización da MIT. / MONICA ARCAY CARRO

Reunión de membros da Xunta e da organización da MIT.

Ribadavia.

A Xunta de Galicia e a nova dirección da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia mantuveron un encontro hoxe luns para definir o apoio na 41ª edición do certame.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse co alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil, e coa nova directora artística da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Sabela Mendoza, para abordar a renovación do apoio da Xunta de Galicia á organización do certame, que desenvolverá a súa 41ª edición do 18 ao 26 de xullo baixo o lema Escenas en tránsito.

O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, e a directora adxunta da Mostra, Gena Baamonde, participaron tamén nesta xuntanza, na que o novo equipo da mostra avanzoulle ao representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude as principais liñas da programación deste ano, que porá o foco en propostas que exploran a mobilidade entre linguaxes, corpos e territorios.

O obxectivo é reforzar a identidade do festival como referente cultural e motor para a creación, a diversidade e a pluralidade no ámbito das artes escénicas a través dunha carteleira que combinará coñecidos nomes internacionais, talento galego emerxente e consolidado, coproducións, residencias, premios e actividades paralelas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir