Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Lidia Cao: “O mural é a miña forma de falarlle ao mundo”

A artista galega que transforma muros en poesía visual é a protagonista de La Galería de Hoy por Hoy A Coruña

La Galería: Lidia Cao

La Galería: Lidia Cao

00:00:0020:10
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

Lidia Cao (Ordes, 1997) é unha das figuras máis recoñecibles do muralismo contemporáneo en Galicia. O seu estilo, marcado por retratos femininos, natureza onírica e unha paleta que dialoga cos solpores, cruzou xa fronteiras. Nesta entrevista, a muralista fálanos dos seus inicios, do impacto do entorno rural na súa obra, da súa experiencia internacional e da importancia de manter a alma na arte fronte ao auxe da intelixencia artificial.

Un flechazo co muralismo

Aínda que estudou ilustración na Escola de Arte da Coruña despois de cursar o Bacharelato Artístico en Santiago, Lidia Cao atopou a súa verdadeira vocación no muralismo. Foi no 2017, durante unha masterclass no festival DesOrdes Creativas, onde se produciu o flechazo: “Foi amor á primeira vista”, lembra.

Criada nun entorno onde a arte urbana forma parte da paisaxe cotiá, a artista destaca que ese ambiente foi crucial: “Sen criarme alí, non sabería o que é un mural. Descubrino na casa”.

A rúa como galería e como escola

Pintar en espazos públicos levouna por medio mundo: Irlanda, Estados Unidos, Canadá, Hong Kong, Portugal, Guinea... Un salto que aínda lle custa asimilar: “Hai cinco anos, se me din que ía viaxar tanto por pintar, non o crería”.

Esa dimensión global enriquecéuna persoal e artisticamente: “Convivir coa xente local cámbiate. Non vas como turista, senón que te involucras. Aprendes moitísimo”. Antes de intervir un espazo, documentase: “Non somos de alí, e a xente vai convivir con ese mural todos os días. Ten que sentirse seu”.

Unha firma recoñecible e natural

Lidia non buscou un estilo propio, pero atopouno: “Decateime cando me dicían que sabían que era meu sen ver a firma”. A súa obra caracterízase por retratos íntimos, especialmente femininos, onde as miradas son o eixo emocional. “Inspírame moito a Mona Lisa, esa expresión leve pero chea de significado”.

A natureza, o mundo rural e as lendas locais —especialmente galegas— son outras constantes no seu imaxinario. E aínda que asegura que o seu estilo segue en evolución, a base xa está moi definida.

O mural de Marineda e o poder da ciencia

Un dos seus últimos traballos foi un xigantesco mural no centro comercial Marineda City (A Coruña), enmarcado no Día da Muller. A protagonista: unha científica que observa por un microscopio mentres da súa mirada brotan flores e cor.

“Quería representar esa conexión entre ciencia e arte. Para min, a ciencia tamén é arte. Xoguei con cores como laranxas e azuis, que uso moito polo seu vínculo co solpor, ese momento máxico do día”, explica.

Arte con alma fronte á intelixencia artificial

Ao ser preguntada polas imaxes xeradas por IA e fenómenos virais como os retratos ao estilo Miyazaki, Cao móstrase crítica: “Falta alma. Ves esas imaxes e non están feitas desde dentro. Non teñen corazón”.

Para ela, o proceso artesanal, humano, segue a ser irreemprazable. “Empatizo con creadores como Miyazaki. Imaxino o duro que debe ser ver como algo tan persoal convértese nun produto automático. É perder valor, emoción”.

Historias que marcan: unha libélula azul

Lidia garda con especial agarimo unha anécdota que reflicte o poder da arte pública: “Unha señora maior pediume pintar unha libélula azul. Era unha homenaxe á súa filla, que falecera. Contoume a súa historia e souben que vivía preto, así que fíxeno. Agora véa todos os días. Foi un vínculo moi especial”.

Obreiras da arte

O muralismo, reivindica, “é un traballo moi duro e aínda pouco valorado. Chámanos grafiteiras, mírannos con prexuízo”. Reivindica a parte física, profesional e artesanal do seu labor: “Somos albaneis artísticos”.

Os seus referentes e recunchos favoritos

Entre os seus referentes destaca ao artista multidisciplinar James Jean. O seu libro favorito é Amici per la pelle, de Roger Olmos. ¿Un lugar especial da Coruña? “O Monte de San Pedro, polas vistas e a conexión coa natureza”.

¿E a súa canción? “Mon meilleur ennemi de Stromae. Acompáñame moito ultimamente”.

Vindeiros pasos

Desde a súa base actual en Madrid, Lidia Cao continúa a desenvolver novos proxectos. Aínda que se declara máis próxima ao entorno rural, segue atopando inspiración en cada recuncho.

Con cada mural, Lidia Cao non só embelece o espazo urbano: convérteo nun lenzo de emocións. E o máis importante: faino con alma.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir