Sociedad

Obras na contorna do cruce do Marco a partir do luns que afectarán o tráfico de entrada a Pontevedra

Serán executadas por Unión Fenosa ata o 7 de maio

O vindeiro luns día 21 de abril a partir das 10:00 horas, comenzarán obras na contorna do cruce do Marco e poden afectar á mobilidade de entrada a cidade.

O Concello de Pontevedra aconsella adoptar as seguintes medidas para evitar circular pola zona afectada:

- Para os vehículos procedentes do sur pola PO-10 (Marín) e da N-550 (Vigo), aconsellase o acceso pola rúa Josefina Arruti.

- Para os vehículos que circulan pola PO-542 procedentes de Bora – Marcón, (zona Leste), poden acceder a través da Ronda Leste cara o centro cidade

- Os vehículos que circulen pola EP-0002 procedentes de Canicouva e Tomeza, deben incorporarse polos desvíos habilitados cara a N-550 e acceder cara o centro a través do Nudo do Pino.

A empresa responsable das obras, Unión Fenosa Distribución, informa que a previsión que manexa para o remate das obras, é ao redor do 7 de maio.

Ramón Mella

(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de...