Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Aida Bao, sobre 'Con Voz de Muller’: “Os números e as estatísticas dinnos que este tipo de espazos para falar das mulleres e do noso papel na sociedade son máis importantes ca nunca”

Este martes ás 18h o Teatro Provincial da cidade acollerá unha nova edición de 'Con Voz de Muller’, moderado pola xornalista Aida Bao

Entrevistas a Aida Bao y Uxía Senlle, en A Vivir Galicia

Entrevistas a Aida Bao y Uxía Senlle, en A Vivir Galicia

00:00:0018:05
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

'Con Voz de Muller' regresa con máis forza ca nunca á capital galega para abordar o papel das mulleres nos distintos ámbitos da vida. Chega nun momento clave para dar esperanza e romper cos retrocesos en dereitos e posicións feministas que están emerxendo hoxe en día debido ao avance da ultradereita. “O contexto mundial dinos que estamos nun momento no que crecen as ultradereitas no mundo. A maiores, tamén está emerxendo un contramovemento do feminsimo nas redes sociais e no mundo dixital”, contextualiza Aida Bao. Estas crenzas nun mundo polarizado fan que cada vez “sexa máis fácil voltar a posicións misóxinas”. “É cotiá ver vídeos con millóns de reproduccións de mozos mandando mensaxes machistas nas redes sociais”, destaca a xornalista.

As tres mesas de debate deste foro fan un chamamento para revertir canto antes esta situación. Unha xornada na tamén participa Uxía Senlle, cantante e referente no folclore galego con máis de catro décadas de carreira profesional. Senlle leva a súa vida facendo proxectos que visibilizan o traballo das mulleres coa música. Para ela, a presenza feminina nesta rama cultural é do “máis transgresor”: “As mulleres na música galega en particular son do máis trangresor. Deron pasos xigantes”. Este martes achégase a esta nova entrega de 'Con Voz de Muller‘ para por foco e perspectiva de futuro en todo o que apartoran as voces femininas á historia da nosa cultura musical: “É unha alegría ver como agora mesmo as mulleres fano que fan sen complexos, sen poñerse demasiadas barreiras. O paso máis significativo é que se meten a crear as súas propias propostas musiciais, cadansúa”.

Aínda se poden conseguir entradas para este evento.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir