O Concello de Cenlle oferta tres postos de traballo
Últimos días para anotarse

Imaxe de Cenlle. / Concello de Cenlle

Cenlle.
A entidade local de Cenlle abre unha nova convocatoria de contratación laboral para reforzar o servizo de mantemento, limpeza e xestión da biomasa.
Ofértanse: un posto de axente forestal, por un periodo de 5 meses, 30 horas semanais, e 2 prazas de peón/a forestal, xornada completa, por 6 meses.
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados dende a publicación de esta oferta no BOP, e decir desde o día 15. O tempo remata o xoves desta semana, día 24.
Poden presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.




