Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

"Abellón", do vigués Fon Cortizo, na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Moscú

A curta, que se proxecta este mércores 23, visibiliza a accesibilidade no cinema para persoas cegas

Fotograma de "Abellón"

Fotograma de "Abellón"

A curta “Abellón”, do director vigués Fon Cortizo, foi unha das doce curtas internacionais seleccionadas para participar na competición oficial do Festival Internacional de Cinema de Moscú e vai proxectarse este mércores 23.

“Abellón” trata de reflexionar sobre a inclusión no cinema, achegando a audiodescrición como ferramenta de accesibilidade a todos os públicos.

"Abellón", seleccionada entre as 1.600 obras recibidas, xa participou na competición internacional do ZINEBI, calificador para os premios Goya, na sección “Un impulso colectivo” do D’A Festival Cinema Barcelona e no Ibiza Cine Fest.

A historia de "Abellón"

A través da historia de Álex, un mozo que traballa audiodescribindo películas para persoas con discapacidade visual, "Abellón" mergúllase nunha exploración íntima sobre a percepción, a identidade, a masculinidade e os coidados.

O protagonista vive unha crise vital mentres tenta entender os soños perturbadores do seu avó centenario, xa incapaz de distinguir entre realidade e soño. Nesta viaxe emocional coñece a Lucía, unha rapaza cega de nacemento que lle amosa como percibe, soña e sente o mundo desde a escuridade.

O director, Fon Cortizo, sinala que “Abellón trata de favorecer unha reflexión sobre as formas en que percibimos o mundo, sobre os coidados como motor de transformación e sobre como o son, o soño e a memoria nos conectan cos nosos medos máis profundos”. A curta emerxe como un relato sensorial e emocional que funde ficción e realidade, evocando temas como a perda, a memoria e a transformación do masculino desde unha perspectiva contemporánea.

Audiodescrición como narradora

Un dos aspectos máis innovadores de "Abellón" é a súa aposta pola accesibilidade: a audiodescrición, ferramenta básica para garantir o acceso ao cinema por parte de persoas cegas, convértese aquí na voz narradora da historia. Así, a película ofrece unha experiencia cinematográfica reveladora tanto para persoas videntes como cegas, desprazando o foco habitual da imaxe cara ao son, o invisible e o emocional. Como sinala o propio director, “a audiodescrición é unha ferramenta para facer visible o invisible, para narrar o que non se ve pero está presente”.

En definitiva, Abellón é unha proposta única que entrelaza o soño e a realidade, o visible e o invisible, a emoción e a palabra, para cuestionar como vemos o mundo, como o sentimos, e como podemos transformalo a través da escoita e os coidados.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir